Bat for Lashes presenta novo disco


The Haunted Man é o título do novo disco de Bat For Lashes, que xa se pode escoitar na serie de podcast First Listen de NPR. O disco saíu a venda o 15 de Outubro.

“All Your Gold” é o segundo single do álbum, sendo o primeiro “Laura” que xa se puido escoitar antes da saída do disco.

Este segundo single comeza cun ritmo marcado, que recorda máis ben ós sons crus de Fur and Gold (por exemplo “Horse and I“, “Priscilla“), o primeiro LP do grupo. O estribillo aumenta bruscamente a emoción, con novos sons e melodías e un ritmo máis rápido e bailable, que case suxire un ton disco, semellante o do tema “Daniel“. Na letra, a voz explica como o recordo dooroso dun relación pasada non deixa de interporse entre ela e o seu home, “a good man”, enfríando o contacto entre os dous. A canción ten unha estrutura pop, estrofa-estribillo, propia das cancións desta artista.

Penso que con este single e a escoita que nos ofrece NPR se pode dicir que Natasha Khan (o nome real tras do pseudónimo) realmente trae material novo, con reminescencias dos seus traballos anteriores, pero tamén con novos elementos. De Natasha Khan sempre foi propio o pop escuro, especialemente en Two Suns, onde os arranxos melódicos inundaban as canción con son sintetizados envolventes; tamén os ritmos bailables se poden rastrear nos seus traballos, e o uso de instrumentos coma o arpa ou a percusión de cascabeles e similares. Nestas cancións permanecen eses elementos característicos, pero encadeados cara a outra dirección, se cadra non tan ben definida coma nos outros álbumes, pero nova e intrigante.

Un tema do seu primeiro álbum: “Trophy”