O que os americanos seguen a ignorar acerca do éxito das escolas finlandesas


Posteo este interesante artigo acerca do sistema educativo das escolas e institutos finlandesas, que tan bos resultados obteñen nos sucesivos estudios europeos PISA.

O artigo arguméntase arredor do libro de Pasi Sahlberg, director do Centro para o Intercambio Internacional do Ministerio de Educación finlandés, Finnish Lessons: What Can the World Learn from Educational Change in Finland? , quen ademais estivo dando varias conferencias polo territorio estadounidense. Neste exemplar, como se expón na noticia, o autor explica a estrutura do sistema educativo finlandés, cuxo deseño partiu do obxectivo de conseguir unha educación igual para todos, relegando a un segundo lugar o sobresaínte académico. Con este libro, Pasi Sahlberg pretende, el mesmo o di, animar a outros gobernos a que deseñen un sistema que realmente se adapte ás necesidade da súa sociedade, como fixeron en Finlandia, e non pretende ser unha preceptiva de forma de educar.

O obxectivo do sistema finlandés é que todos os alumnos cheguen ao mesmo nivel e que todos teñan as mesmas oportunidades, polo que non hai lugar para o ensino privado en Finlandia. E é neste punto onde os americanos deixan de escoitar.

http://www.theatlantic.com/national/archive/2011/12/what-americans-keep-ignoring-about-finlands-school-success/250564/