Someday Some Morning Sometime


Someday some morning sometime, sometime
I’d like to hold your hand in mine
Someday some morning sometime

I’d like to tell you you’re pretty and fine
Your face will smile and your eyes will shine
Someday some morning sometime

I’ll build you a house all covered in vines
I’ll bring you a nickel, I’ll bring you a dime,
Someday some morning sometime

Five six seven and eight oh nine
I’ll take you down where the birds fly by
Someday some morning sometime

Bo Nadal 2012


Para felicitar este Nadal, posteo un vídeo de “California Stars” de Wilco e Billy Bragg (Mermaid Avenue Vol.1, 1997).

 

“California Stars”

 

Gustaríame reposar a miña cabeza esta noite

nunha cama de estrelas de California.

Gustaríame apoiar meus ósos cansados esta noite

nunha cama de estrelas de California.

 

Devezo por sentir

a tú aman tocando a miña

e cóntame

por qué debo seguir esforzándome.

 

Si, eu daría a vida

por apoiar a miña cabeza esta noite nun leito

de estrelas californianas.

 

Gustaríame esquecer

as preocupacións soñando

nunha cama de estrelas de California.

 

Saltar do meu leito estrelado

para afrontar outra día

baixo as miñas estrelas californianas.

 

Penden coma uvas

en vides que refulxen

e quentan os vasos dos amantes

coma un viño ‘amigo’.

 

Eu daría o mundo

por soñar un soño contigo

na nosa cama de estrelas de California.

 

Letra en inglés: http://www.bemydemon.org/songs/california.htm

“Song To Woody” de Bob Dylan


Segundo o documental No Direction Home, esta foi a primeira composición orixinal de Bob Dylan, cando tiña cerca de vinte anos de idade, en 1960. Paréceme que a letra fala por si sola.

Woody Guthrie foi un cantante e compositor de folk americano, especialmente popular durante os anos trinta (Cisco, Ledbelly e outros, mencionados na canción, foron compañeiros de Guthrie). A música de Guthrie é do tipo da canción protesta, propia da época, en contra da guerra e do fascismo, aínda que tamén escribiu cancións tradicionais e para nenos e nenas. Debido esta actitude combativa (Dylan diría no documental mencionado que Guthrie lle pareceu radical nas súas letras), o cantautor foi exemplo a seguir para moitos músicos posteriores como Pete Seeger, Joe Strummer, Jeff Tweedy o Bruce Springsteen, a parte, por suposto, do propio Bob Dylan.

Nos seus primeiros anos como músico, Bob Dylan practicamente adoptou a pose de Woody Guthrie, imitábao, a súa actitude, e isto reflexase nas súas primeiras cancións (“The Times They Are A-Changing“, “A Hard Rain’s a-Gonna Fall“, “Blowin’ In The Wind“, “Masters Of War“, …).

“This Land Is Your Land” é unha das cancións máis coñecidas de Guthrie.

Fai unha década, Billy Bragg, outra grande admirador de Guthrie, colaborou coa filla deste, e coa banda americana Wilco (que por aquel entonces atopábase no proceso de creación de Summerteeth), para grabar unha serie de letras que o cantante de folk nunca publicara. Das sesións de grabacións saíron os volumes Mermaid Avenue.

Acerca destas cancións que Guthrie gardaba falaba Dylan no seu libro Crónicas Vol. 1 , dicindo que Guthrie lle falara delas cando o fora ver o hospital, pedíndolle que as cantase. Dylan conta que foi ata a casa de Guthrie pero alí non se atreveu a pedilas; agora garda unha boa opinión do traballo de Bragg e Wilco.