I Know It’s Over


Oh, nai, podo sentir o teito caer sobre a miña cabeza.
E mentres me arrastro dentro dunha cama baleira…
Está ben. Dixen suficiente.
Sei que é o final, e aínda me aferro,
non sei a onde máis podo ir.

Oh, nai, podo sentir o teito caer sobre a miña cabeza.
Mira, o mar quere levarme,
o puñal quere cortarme.
¿Cres que podes axudarme?

Triste noiva cuberta cun veo, por favor se feliz
guapo noivo, dálle tempo.
Amante enérxico y altivo, trátaa con cariño.
(Aínda que ela necesítate máis do que te ama)
E sei que é o final, e aínda me aferro,
non sei a onde máis podo ir.
O final, o final, o final…

Sei que é o final,
e realmente nunca empezou.
Pero no meu corazón foi tan real.
E ti incluso faláchesme e dixéchesme:
“Se es tan gracioso, ¿por que andas só esta noite?
Se es tan listo, ¿por que andas só esta noite?
se es tan entretido, ¿por que andas só esta noite?
Se es tan atractivo, ¿por que dormes só esta noite?
Eu seino, porque esta noite
é exactamente igual que calquera outra,
é por iso que estás só está noite
cos teus triunfos e os teus encantos,
mentres eles están en brazos do outro…”

É tan fácil rir,
é tan fácil odiar,
necesítase forza para amable e cariñoso.
O final, o final, o final…

É tan fácil rir,
é tan fácil odiar,
necesítase forza para amable e cariñoso.
O final, o final, o final…

O amor é natural e real
pero non para ti meu amor,
non esta noite, meu amor,
O amor é natural e real,
pero non para eses coma ti e máis eu, meu amor.

Oh, nai, podo sentir o teito caer sobre a miña cabeza.

 

“I Know It’s Over” (Sei que é o final), de The Smiths, no albume The Queen Is Dead.

The Smiths


The Smiths na portada de Rockdelux de Septembro de 2012.

Sinto non publicalo antes, pero foi hoxe mesmo que comprei a revista.
Aínda se pode adquirir en formato dixital ou en papel a través da súa web.

Portada do número 309 da revista Rockdelux.

Morrissey on Conan


Morrissey estivo en CONAN, o late night show norteamericano, para presentar a súa xira por EE. UU., interpretando unha das cancións do seu novo disco. Aínda que xa ten preparado o álbum dende fai uns meses, non parece haber ningún gran sello discográfico do gusto do músico que queira poñelo á venda.

Morrissey falou para Pitchfork en xuño acerca dos problemas cos sellos, entre outros temas. Ademáis, poucos días antes interpretara tres cancións inéditas na BBC Radio 2: “People is the same everywhere”, “The Kid’s A Looker” and “Action is my middle name”.

Official website: http://www.itsmorrisseysworld.com/

Morrissey (fan)zine: http://www.true-to-you.net/