Alternativa Galega de Esquerda nas eleccións galegas de 2012


Nas pasadas eleccións do 21 de Outubro de 2012, en Galicia, unha nova forza política entrou no parlamento: Alternativa Galega de Esquerda.

Este grupo parlamentario está composto principalmente por a formación nacionalista ANova Irmandade, encabezada por Xosé Manuel Beiras, e Esquerda Unida, coordinada por Yolanda Díaz; ademais recibe o apoio doutros grupos como Equo, o partido Ecosocialista, ou Compromiso por Galicia.

Nas recentes eleccións conseguiu 9 escaños e máis de 200.000 votos.

No periódico dixital, El Diario, Miguel Pardo escribe un artigo sobre as razóns deste cambio na estrutura do parlamento galego. En gran parte, débese ó claro peso histórico da figura de Beiras, e ó contraste que supón a súa actitude e imaxe coa política actual, cousa que atrae a gran parte do electorado máis novo; pero tamén está o factor da unidade entre as distintas formacións de esquerdas que supón AGE (apodada a “Siryza” galega) e que sen dúbida tradúcese nunha plena concienciación de que se necesita unha oposición forte e crítica para provocar un verdadeiro cambio na envellecida e desgastada política actual.

Artigo de Miguel Pardo en castelán: El milagro de AGE: 9 escaños de éxito con mes y medio de vida

Entrevista a Julio Anguita


Entrevista que lle fixeron a Julio Anguita no programa Carne Crude, de Radio Nacional 3, o mércores 18 de Xaneiro de 2012, con motivo da publicación do seu libro “Combates de este tiempo”, o cal é unha recopilación de artigos, cartas e outros textos.

http://www.rtve.es/alacarta/audios/carne-cruda/carne-cruda-julio-anguita-combativo-18-01-12/1297580/

Son unha puta pandemia!


-No congreso hai trescentos deputados que non falan, parece que non serven para nada. Tiñan que propor as súas propias ideas ¿É que non teñen? ¿Non pensan nada?

-Se é que non poden…

-Ai, non poden… (mófase) ¿Non poden pensar? ¿Desmáianse ou que?

-Non (molesta). Déixame que o explique. Non poden porque se discrepas do que di o partido -é dicir, as cabezas do partido- non vas nas listas, e se non vas nas listas, non es ninguén nin podes escalar na xerarquía do partido.

-Pero que dis! Iso o faredes os de esquerdas, no PP non é así; eu o quero é diversidade, que cada quen poña as súas propostas, que poida falar quen queira. Que haxa liberdade, liberdade!

-Mira, vai á merda! Eu cóntoche o que hai, non digo nin se está ben ou mal, nin se debe ser ou non. Pura descripción física da realidade! E os partidos políticos son así, ou estás co partido en todo, ou non estás.

-Ditadora, que es unha ditadora!

-Si! Son unha ditadora, e unha fascista, e unha depravada, e unha anarquista, e unha anti-sistema! Son do pior do mundo! Son unha puta pandemia! E vós sodes todos uns gilipollas, unha pandilla de ignorantes! Aagh!

Que ninguén queira ser presidente!


Titular: “A pesar de que los sondeos pronostican su derrota en 2012, el presidente francés cuenta con la baza de la experiencia frente a los socialistas Hollande y Aubry

A súa experiencia… “Como gañei outras veces, gañarei esta tamén!” (Lámpada acendida sobre a cachola humeante)

-Eu non sei que che diga; as enquisas tamén din aquí que gusta máis Rubalcaba que Rajoy, pero vai gañar o PP.

-(Cara de susto) E logo, ti quen queres que gañe?!

-Eu… Eu o que quero é que poñan unha bomba na Moncloa e ninguén queira ser nin presidente, nin presidenta!